Alberto Vaquero García

Noticias de Gestión


2018 | 2017 | 2016 | 2015 | 2014

2018


A XIV promoción do ciclo intensivo do Programa de Maiores celebra o remate dunha etapa

A XIV promoción do ciclo intensivo do Programa de Maiores celebra o peche dunha etapa

  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Ourense

Este luns tivo lugar o acto de graduación da XIV promoción do ciclo intensivo do Programa Universitario de Maiores no campus de Ourense. Os oito estudantes que forman esta promoción celebraron acompañados de familiares, amigos e membros da comunidade universitaria o remate desta etapa académica.

 

27/11/2018

A través dun posto propio na feira e diversas conferencias

O Programa Universitario de Maiores leva a Galisenior a súa oferta para un envellecemento activo

  • Ourense
  • Institucional

Expourense acolle este mércores e xoves a celebración da novena edición de Galisenior. Este Salón Internacional das Persoas Maiores está considerado un referente no noroeste peninsular no seu eido de actuación e punto de encontro de atención ás persoas maiores, agardándose a asistencia de arredor de 5000 visitantes. Entre o medio centenar de expositores e actividades incluídos na programación, o Programa Universitario de Maiores da Universidade de Vigo ten o seu propio espazo, contando cun posto de información na feira e desenvolvendo varias conferencias.  

10/05/2018

Docentes do Programa para Maiores especialízanse na formación dun alumnado moi “motivado, implicado e participativo”

Docentes do Programa para Maiores especialízanse na formación dun alumnado altamente “motivado, implicado e participativo”

  • Vigo
  • Académica

Entre unha aula de mozos e mozas e outra de estudantes sénior existe unha multitude de diferencias derivadas da idade, da motivación, da presión das cualificacións, etc. Por iso, para os docentes dos programas de maiores é de especial importancia coñecer as claves que lles permitan adaptar as clases ás características do alumnado. Este é o obxectivo da xornada de formación que este xoves se desenvolveu no campus de Vigo organizada ao abeiro do proxecto Erasmus+ Kipam.

25/01/2018

2017


2016


2015


2014


2013